Non hai produtos no carriño
Vento Mareiro Brut
As cualidades naturais e a riqueza aromática da uva albariña do Val do Salnés, lévanos a elaborar un Escumoso seguindo o método tradicional champenoise. Despois de que o noso enólogo Jorge Hervella traballase durante 10 anos en poñer a punto o seu proceso, presentamos o Brut Vento Mareiro. Empezando así, esta renovación que representa o viño albariño.

Véndese nunha caixa de 6 botellas de 75cl.
• Tipo de viño: Escumoso branco Brut
• Variedade: 100% Albariño
• Subzona: Val do Salnés
• D.O.: Rías Baixas (Galicia)
• Grao: 12,5º
Outros datos

Zona de produción
Val do Salnés.

Vinificación
Colleita manual en caixas de 15 kg cando as uvas alcanzan o seu punto perfecto de madurez. As uvas son despalilladas e sometidas a un suave prensado. O mosto obtido déixase repousar e o proceso de decantación realízase por gravidade. A fermentación espontánea realízase en depósitos de aceiro inoxidable a temperatura controlada. O viño permanece sobre as súas lías finas ata o embotellado para manter a máxima frescura e o equilibrio desexado.
Nota de cata

Fase olfativa
Escumoso que presenta unha boa intensidade en nariz, na que predominan notas a florais e de froitos secos.

Fase visual
Presenta unha cor paxiza con reflexos dourados e de burbulla fina e persistente.

Fase gustativa
Goza dun equilibrio en boca, resultando ser fresco e cunha burbulla ben integrada.
