![Viño](https://ventomareiro.com/wp-content/uploads/2022/06/Vino-copa-azul.png)
Viño
Singular Albariño do Val do Salnés,
nas Rías Baixas
O noso viño é un legado da terra onde nace,
unha paisaxe única que se reflicte en cada botella.
![Viñedos](https://ventomareiro.com/wp-content/uploads/2022/06/Viñedos-blanco.png)
Viñedos
Pasión e natureza
Onde o Atlántico se interna en Galicia pola Ría de Arousa e atopa o Val do Salnés. Un microclima propio que brinda un escenario idóneo para o cultivo do Albariño nas Rías Baixas.
![Embotellado](https://ventomareiro.com/wp-content/uploads/2022/06/Embotellado-azul.png)
Adega
Entender o noso saber facer
Coñecendo a variedade e dominando as técnicas, conseguimos que o Albariño atinxa a súa máxima expresión.
![Ola](https://ventomareiro.com/wp-content/uploads/2022/03/wave-1.png)
Historia
O legado do mar trouxo á viña
A nosa é unha historia ligada ao mar. A dunha xente do Salnés que atopou nas Rías Baixas un oficio que amar e ao que dedicarlle a súa vida.