Terra de Asorei
A semente dunha idea
Máis que unha adega, unha familia. Terra de Asorei é onde o Albariño atopa o seu fogar. Roque Durán, fundador e presidente da adega, elabora o seu Albariño Vento Mareiro no corazón do Val do Salnés, seguindo a tradición familiar.
Elaboración
O de sempre, como nunca antes
Abrazar a tradición e empurrar o proceso cara á innovación, posto que non existe unha única maneira de facer algo extraordinario.
O noso método
Vendima manual
Prensado
Fermentación
Tempo na adega
Control de calidade
1. Vendima manual
Pasado o verán e cando as uvas están no seu punto perfecto de maduración, lévase a cabo a vendima. Cada acio córtase a man e transpórtase con delicadeza en caixas de 15 kg, para que a uva chegue intacta á adega e en perfecto estado. Todas as parcelas están a menos de 15 minutos da adega. Unha vez alí, pódese seguir a rastrexabilidade da uva durante todo o proceso de elaboración e coñecer a parcela da que procede.
2. Prensado
A recepción da uva ven marcada segundo a procedencia das parcelas. Despois dos preceptivos controis de calidade e de pesala, procédese ao despalillado. Un prensado suave na prensa pneumática a baixas presións evita a oxidación. O mosto pasa por gravidade a cubas de aceiro inoxidable. A continuación procédese á decantación estática en frío.
3. Fermentación
A uva albariña pode pasar por dúas fermentacións: a alcohólica e a maloláctica. Unha fermentación lenta conserva a sutileza dos aromas das variedades, de 25 a 60 días, a unha temperatura inferior a 18ºC e todo isto baixo un estrito control, determinando o seu grado alcohólico. Dependendo da acidez, pode cumprir unha segunda fermentación, a maloláctica, que se prolonga durante uns 30 días máis.
4. Tempo na adega
Unha vez rematadas as fermentacións, comezan os trasegos. O viño é unha materia viva e require de filtrados e de repouso na adega para que os seus compoñentes se asenten. Segundo a súa elaboración, farase unha crianza sobre lías ou será un Albariño do ano.
5. Control de calidade
O obxectivo é garantir a rastrexabilidade da uva en todo momento e a seguridade alimentaria na busca da calidade e da excelencia. Cando o viño atinxe o equilibrio perfecto de cor, aroma e sabor, sométese ao control externo do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, que consiste nun panel de cata e nas correspondentes análises.
«Adegas Terra de Asorei» ten o selo Galicia Calidade e conta coa certificación das Normas ISO de Xestión de calidade e ambiental (ISO9001-ISO14001).