info@ventomareiro.com

Viño

VENTO MAREIRO, O ALBARIÑO DA AMIZADE E LEDICIA.

VENTO MAREIRO COLLEITA LIMITADA 

 

Este é un albariño de autor. Reflexo dunha forma de entender a vida. A relación humana coa natureza e o mar das Rías Baixas. Esta elaborado sobre lías, según a tradición familiar de Roque Durán e coa aportación técnica do enólogo Jorge Hervella. É unha colleita Limitada, con 14.225 botellas numeradas. Cada ano buscamos a fidelidade ás características de dita colleita. Sempre mantendo os sabores e particularidades dos albariños do Val do Salnés. Un gran viño amplio en boca e complexo en nariz. Un albariño para gardar, autentico e de máxima calidade. É un albariño para gozar e compartir amizade.

NOTA DE CATA

Fase Visual

Presenta unha cor amárela palliza e reflexos verdosos de intensidade media, limpo e brillante

Fase Olfativa

Intensidade aromática alta onde destaca a copa parada os aromas primarios procedentes da uva recolectada nas parcelas propiedade do autor deste viño, influídas polo clima do océano atlántico. Surxe así, esta amalgama, aromas a froitas de oso, manzá verde e flores brancas.

Fase Gustativa

En boca é un viño cunha entrada sedosa e delicada, untuoso, redondo, onde destaca polo seu elegante corpo. Está moi ben equilibrado na súa relación alcohol‐azucar‐acidez, facendo que sexa un viño moi agradable de beber. Ten unha gran estrutura polo que intensificase a súa persistencia, recordando a fase olfativa no postgusto.

FICHA TÉCNICA

Tipo de viño: Monovarietal branco

Variedade: 100% Albariño

D.O.:  Rías Baixas (Galicia)

Subzona: Val do Salnés.

Colleita: 2018   Grado: 13,5

Número de botellas: 14 225 botellas

Zona de produción: Parcelas seleccionadas no Val do Salnés, vendimadas a man o 20/09/2018 e o 21/09/2018 04/09/2018, na parroquia de San Martiño de Meis, nas fincas denominadas Castiñeiras Samagoso, Fornos e Badin, e cunha produción sostible.

Premios: Medalla de ouro na “Guía de vinos, destilados e Bodegas de Galicia” 2019

Vinificación: Vendima manual en caixas de 15 kg. As uvas despalíllanse e sométense a un prensado suave. O mosto obtido déixase repousar e desfángase por gravidade. A fermentación espontánea levase a cabo en depósitos de aceiro inoxidable a temperatura controlada. O viño permanece coas súas lías finas ata o momento do seu embotellado para manter a máxima frescura e o equilibrio desexado.

 

Descargar ficha de cata

10 € unidade

Venta por caixa 60€ (6 botellas/caixa)
Transporte de balde e IVA incluído.

Compra mínima: 1 caixa de 6 botellas

Un prezo axeitado para os que queren descubrir un albariño de colleita limitada, con botellas numeradas e certificado por Galicia Calidade.

 

VENTO MAREIRO VELAS

Elaborase con uvas de viñedos en Padrenda e Xil, do Concello de Meaño. Lémbranos os aires atlánticos que determinan o clima característico do Val do Salnés e das Rías Baixas. A imaxe das velas o vento lévanos a unha nova forma de entender o tempo de lecer á beira do océano atlántico, gozando da súa cultura, xunto con unha copa deste albariño fresco e elegante como é o albariño “ Velas do Vento Mareiro”.

NOTA DE CATA

Fase Visual

Limpo e brillante con unha cor amarela palliza con tonalidades verdosas.

Fase Olfativa

Intensidade media‐alta con notas de froitas cítricas onde tamén predominan as notas florais. Presenta un fondo de herbas aromáticas.

Fase Gustativa

Fresco, envolvente e con bo equilibrio. A retronasal destaca a elegancia das notas de herbas aromáticas.

FICHA TÉCNICA

Tipo de viño: Monovarietal branco

Variedade: 100% Albariño

D.O. Rías Baixas (Galicia)

Subzona: Val do Salnés.

Añada: 2017   Grado: 13,5

Zona de produción: Uvas procedentes do Concello de Meaño, das parroquias de Xil e Padrenda.

Vinificación: As uvas son coidadosamente vendimadas a man en caixas de 15 kg, cando alcanzan o seu punto perfecto de maduración. Na vendima se despalilla e estrugase para logo pasar á prensa pneumática; despois o mosto se destina a un depósito a decantar durante dous días, a continuación comeza á fermentación do viño a 16º C. O viño sae do frío, é filtrado por tanxencial, amicróbico e á continuación embotellado.

VENTO MAREIRO INTERNACIONAL

É un albariño 100% de uva que xermola de cepas de 20 a 30 anos en pequenas plantacións no Val do Salnés, á beira da Ría de Arousa. É un albariño fresco, equilibrado e elegante, fiel á súa tradición de elaboración nas Rías Baixas. É o Vento Mareiro para o mundo. Naceu no “Cambados pobre, fidalgo e soñador”, máis é un albariño que nos permite revivir alí onde o catemos á terra galega e á súa cultura.

NOTA DE CATA

Fase Visual

Cor amarela palliza e de tonalidades verdosas. Limpo e brillante.

Fase Olfativa

Intensidade media‐alta. Aromas de herbas aromáticas, cítricos, froitas tropicais e mazá verde.

Fase Gustativa

Boa acidez, redondo, graxo, con moita froita.

FICHA TÉCNICA

Tipo de viño: Monovarietal branco

Variedade: 100% Albariño

D.O. Rías Baixas (Galicia)

Subzona: Val do Salnés.

Añada: 2018   Grado: 13,5

Número de botellas: 30.000 botellas

Zona de produción: Plantacións procedentes do Val do Salnés de pequeno tamaño ubicadas á beira da Ría de Arousa, con cepas de 20 a 30 anos.

Vinificación: Vento Mareiro prodúcese con uvas 100% Albariño coidadosamente vendimadas en caixas de 15 kg cando as uvas alcanzan o seu punto perfecto de maduración. Fermentación alcohólica a 16ºC durante 21 días en tanques de aceiro inoxidable. O seguinte proceso é a estabilización por frío, sometendo o viño a ‐5ºC nun depósito isotérmico durante unha semán. O viño sae do frío, é filtrado por tanxencial, amicróbico e á continuación embotellado.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies