Xosé Ramón Durán Durán opina que os vindeiros cinco anos serán decisivos para unha denominación de orixe que non parou de medrar e que aínda ten que asentarse nos mercados
O albariño é un sector con futuro, pero tamén ten que traballar moito. Esta é a opinión de Xosé Ramón Durán, vocal do consello dende hai catro anos. Considera que o crecemento dos últimos tempos non foi medido e que agora estanse a pagar as consecuencias das malas decisións. A súa proposta de futuro pasa por un meirande diálogo no sector e por avanzar cara a entidades como a interprofesional e o clúster.-Estiveron marcados polo que se fixera anteriormente. A partires da mala colleita do 98 e certo xogo de intereses tomaron decisións sen medir o efecto multiplicador Unha das cousas que foi determinante para Rías Baixas foi a ampliación do territorio da denominación: dende a fronteiera con Portugal ata Touro. E iso ten resposabilidades con nome e apelido.