A empresa adicará un euro de cada botella que venda en Internet á Mesa pola Normalización Lingüística
Din os entendidos que o viño é un dos productos que mellor funciona no mundo do comercio electrónico. Quizáis por iso son moitas as empresas de Rías Baixas que ofrecen a posibilidade de mercar un dos seus albariños a través da red de redes. A maioría delas optan por crear a súa propia páxina web, pero Adegas Durán decidiu ir máis alá. A empresa presenta hoxe a nova tenda virtual de Vieiros, donde comercializará os seus viños. Para celebrar tan grande ocasión, a firna decidiu iniciar unha campaña a favor do galego. Por cada botella que vendan en Internet, destinará un euro á Mesa pola Normalización Lingüística.