Unha historia de albariño e xente do mar no corazón das Rías Baixas
Afouteza forma parte da nosa historia.
O “Vento Mareiro” é un xeito de vida.

A nosa historia é unha historia de paixóns e de afoutezas. Paixón polo mar, sustento económico dende finais do século XIX, e afoteza polo viño. A familia Durán de Cambados, xentes do mar e de taberna, que dende finais do século XIX andaba á sardiña co traíña de remos e vela, e despois nas primeiras décadas do século XX, co barco a motor, foron dos primeiros en pescar coa arte do cerco a sardiña que vendían fresca ou as conserveiras da Ría de Arousa e no Porto de Vigo.
Nos anos cincuenta e sesenta, os avós e os pais de Roque Durán, uniron a súa tradición familiar mariñeira a da pequenos comerciantes e tratantes de gando, o que lles dou a liquidez económica, para ir mercando ferrado a ferrado as terras das futuras plantación de albariño. Na súa taberna de Cambados, servíase o viño que eles mesmos elaboraban, un albariño auténtico e honrado, que facía as delicias dos que o cataban.
A partir de 1970, participaron cun posto na Festa do Albariño de Cambados, e tal foi a aceptación que tiña o viño, que non tardaron en achegalo tamén ás feiras e casas de comida de Vigo, Pontevedra, Santiago ou a Costa da Morte. Directamente dende o corazón do Salnés, comezou a espallarse polo pais galego.
Roque Durán decide dar o impulso definitivo a ese albariño artesanal do seu pai, participando na “revolución” que se viviu no “Val do Salnés e comercial do albariño nas Rías Baixas nos anos oitenta. Unha vez licenciado en Xornalismo e Dirección Comercial, Roque proponse converter o albariño nun produto con alma e personalidade propia, cunha identidade, deseño recoñecible e inalterable no tempo.

Así é como no 1990, nace “Vento Mareiro”, un Albariño con carácter de autor e colleita limitada.
O vento mareiro é o aire que vén do mar, que determina o clima do Val Salnés coa súa morneza e que fai que agromen as cepas de uva albariña, co seu sabor a salitre, contaxia cada uva do seu talante mariñeiro.
Do pasado, conservamos a esencia, a paixón, o espírito, afouteza,.. as raíces. O presente, aporta enerxía, técnica, innovación, a comercailización.. Por iso, esperamos seguir escribindo o noso futuro. En 2015 comenzamos una nova andaina na nosa historia, porque para Roque Durán o albariño “Vento Mareiro” é un xeito de vida.
Por que “Vento Mareiro”?
“Vento Mareiro colleita límitada” é algo mais que un viño de autor. Cando Pepito Durán, pai de Roque, e o poeta Ramón Cabanillas cruzaban polas rúas de Cambados, saudábanse cun expresivo: “Que vento mareiro vai!”.
Ramón Cabanillas, o gran poeta galego nacido en Cambados levou esta expresión Vento Mareiro, propia da comarca do Salnés, para a lingua de todos os galegos. Con ela bautizou un dos seus emblemáticos libros de poesía “Vento Mareiro” (La Habana, 1915) e nome que, por exemplo, recolleuno unha asociación de recuperación da cultura galega no Cambados dos anos setenta.
SONO DOURADO
Para a miña muller
I
¡Ou meu sono labrego! Unha casiña
preto do río, ó abrigo dos pinales,
con piorno e alboios nos currales
e palleiros na eira e na curtiña.
Ó pé da casa un muíño cantareiro
ó son da lira de ágoa que enche o caño,
baixo o maino agarimo dun castaño
e os amorosos brazos dun cruceiro.
Todo ó longo da aberta do muíño
tortas e vellas cepas de albariño
cos asios mestos no bendito outono.
E un ferrado de terra por facenda
pra prantío e xardín, libre de renda,
diesmo a Dios, sin foreiro nin máis dono
II
Groria e lecer da casa, unha lareira
en que arderan enteiros os carballos,
arrodeada de afumados tallos,
con forno cheo e forte gramalleira.
E do inverno nas noites, cando o vento
nos altos pinos seus doores laia
e misteriosa rube dende a praia
a rouca voz do mar, no antigo asento
de meus avós labregos e cristianos,
presidindo o rueiro de aldeanos
que a relocente labarada doura.
(…….)
Ramón Cabanillas
Vento Mareiro. (La Habana, 1915)