info@ventomareiro.com

A Terra

Hai un lugar no que o vento ouvea distinto,
un recuncho no que os viñedos medran
acariciados por o vento mareiro especial.
Xusto aquí,
no Val do Salnés, están as nosas viñas,
nos concellos de Cambados,
Meis, Ribadumia e Meaño,
amparadas pola
Denominación de Orixe Rías Baixas,
e que producen un Albariño
que percorre o padal
nun festín para os sentidos.

Vides ao carón do mar con máis de 30 anos de antigüidade, cultivadas en chans graníticos, con depósitos de gravas, arenas e arcillas. Coidadas por mans sabias e expertas, apostando polo sistema de emparrado, e sempre co máximo respecto a natureza e o medio ambiente.

A nosa filosofía e apostar sempre por unha produción controlada.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies