Tradición e vangarda mestúranse nun albariño con carácter de autor
Vento Mareiro é un albariño auténtico e honesto, elaborado en Adegas Terras de Asorei, da que Roque Durán (Xosé Ramón Durán) é fundador, Presidente e Conselleiro Delegado. Nesta adega é onde se elabora “Vento Mareiro Colleita limitada”, sobre lías e cun número de botellas numeradas, ademais do “Vento Mareiro Velas” de viñedos en Meaño e o “Vento Mareiro”, símbolo da tradición vitivinícola e modernidade adegueira do Val do Salnés nas Rías Baixas.


Apostamos por unha uva de calidade. Mans agarimosas coidan e recollen a nosa uva albariño. Na adega unha elaboración personalizada e as últimas tecnoloxías garanten a trazabilidade dende o viñedo a botella: control de fermentación, crianza sobre lías, embotellado e etiquetado.
Na procura da calidade e excelencia, os nosos “Vento Mareiro” están avalados por “Galicia Calidade” e a adega conta coa certificación das ISO de Xestión de calidade e de medio ambiente (ISO9001/ ISO14001).
