Vento Mareiro
Vento Mareiro A Adega A Empresa Contactar



» ¿Por que Vento Mareiro?

» Ficha de cata

ir vertendo, ó pasar, na aldea en calma,
este saúdo todo mel da alma (...)
¡Repouso encantado
das tardes do vran!


Ramón Cabanillas, Vento Mareiro
 

Características do viño

Vento Mareiro elabórase con uva albariña 100%, vendimada con mans agarimosas na segunda quincena de cada setembro. Logo dos veráns secos e cálidos da bisbarra do Salnés, de aventaxado clima durante todo o ano, cando a uva acada no punto xusto de maduración, xorde o viño que será privilexio para o padal.
 
Vento Mareiro parte do método tradicional de pé de cuba, pero non renuncia ás vantaxes da tecnoloxía: caixas de 20 kgs. para a vendima, prensado suave e pneumático, despalilladora, fermentación con temperatura controlada en cubas de aceiro inoxidable, estabilización por frío, filtrados baixo cero...
 
Vento Mareiro elabórase e comercialízase dentro da denominación de orixe Rías Baixas.