Vento Mareiro
Vento Mareiro A Adega A Empresa Contactar


¿Por que Vento Mareiro?

O vento mareiro é o aire que vén do mar, que determina o clima do Salnés coa súa morneza e que fai que agromen as cepas de uva albariña.
 
Ramón Cabanillas, o gran poeta galego nacido en Cambados trouxo esta expresión, propia da comarca, para a lingua de todos os galegos. Con ela bautizou un dos seus emblemáticos libros de poesía e o seu nome recolleuno unha asociación de recuperación da cultura galega no Cambados dos anos 70.
 
Cando Pepito Durán, fundador da adega de Vento Mareiro e o poeta Cabanillas cruzaban polas rúas de Cambados saudábanse cun expresivo "¡que vento mareiro vai!".


« Vento Mareiro | Ficha de cata