Vento Mareiro
Vento Mareiro A Adega A Empresa Contactar

D.O Rias Baixas

Denominación de orixe "Rías Baixas"

O viño Vento Mareiro forma parte da Denominación de Orixe Rías Baixas, dentro da subzona do Salnés, a máis cha das cinco (as outras son O Condado, O Rosal, A Ulla e Soutomaior).
 
A cepa básica é albariña, que ocupa a maior parte da superficie cultivada. Caracterizada polo baixo rendemento productivo e a súa escaseza, os viños que daquí xorden son así especialmente codiciados e selectos.
 
Aínda lexitimados por un compromiso de séculos, a Denominación de Orixe non escatima vixilancia na elaboración dos seus viños, e só aqueles que superan os estrictos controis oficiais reciben a contraetiqueta da D.O. Rías Baixas.


« Adega | A comarca