Vento Mareiro
Vento Mareiro A Adega A Empresa Contactar

Mapa da comarca
Mapa da comarca

O Salnés

O Salnés é unha terra doce bañada polo mar da Arousa. A capital do albariño, Cambados, é o particular paraíso turístico do Val do Salnés. Sérvelle ao viaxeiro apetecibles viandas que acompañar con albariño. A principal, o marisco: ameixas, centolas, vieiras ou ostras, ademais dunha abondosa variedade nos mellores peixes. O mar tamén axuda a medrar terras fértiles que poñan na mesa o mellor das hortas.
 
De raigame en asentamentos Celtas arredor do lugar onde o río Umia bica o mar, na orixe de Cambados os castros de Castrelo, Corbillón, A Grenla e A Pastora dos que aínda quedan vestixios.
 
Forman o lugar os núcleos de Cambados, San Tomé e Fefiñáns, que recomendamos para pasear con vagar.


« Adega | Denominación de orixe