Vento Mareiro
Vento Mareiro A Adega A Empresa Contactar



» A comarca

» Denominación de orixe

"¡Ou meu sono labrego! Unha casiña
preto do río, ó abrigo dos pinales,
con piorno e alboios nos currales
e palleiros na eira e na curtiña."


Ramón Cabanillas, Vento Mareiro
 

A Adega

Entende o albariño e o que o rodea coma modo de vida: un modelo de crecemento sostido, en equilibrio e respecto co medio ambiente. Xa hai uns cen anos que leva funcionando esta adega nunha estirpe que combinaba a súa actividade principal, armadores de barcos de baixura, coa de tratantes de gando e taberneiros. Daquela o viño vendíase nas feiras da comarca e en Santiago. A partir dos anos 70 participou na Feira do Albariño de Cambados cun posto de seu.
 
Pero en 1989, á par da constitución do Consello Regulador, Xosé Ramón (Roque) Durán aposta polo progreso e toma a decisión de transformar a actividade, sen perder a tradición artesá e o respecto pola coidada elaboración.
 
Desas cinco hectáreas de viñedos propios (nos concellos de Cambados, Ribadumia, Meis e Meaño) sae un viño honrado, sinxelo e elegante. Vento Mareiro tira a forza da súa imaxe da viña familiar. Velaí a calidade e a diferencia.